Rating:

En Galicia, cando se xunta a potencia do mar e a paciencia do tempo o resultado é unha obra de arte... a praia das Catedrais, un monumento natural cunha dimensión sobrenatural. Só hai que esperar á marea baixa, descalzarse, botar a andar... e un xa se sente na gloria.

Nada como camiñar entre arcobotantes de 30 m de altura, internarse baixo grutas con cúpulas rematadas por agullas, descubrir insólitas perspectivas de arcos dentro doutros arcos. Ou simplemente, deixarse levar polos corredores de area entre muros de lousa, como nunha impoñente e caprichosa nave central.

E sempre, os pés na area e a cabeza no ceo. Estamos na catedral do mar.

VIDEO

 

  • Fonte: Axencia Galega de Turismo